A finais de outubro os rapaces e as rapazas de 4º de primaria dos CEIPs Vista
Alegre e Virxe do Carme participarán nunha campaña de sensibilización
sobre a cooperación. A actividade está organizada pola Concellería de
Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, como socio do Fondo
Galego de Cooperación e Solidariedade.
Segundo explica Diana Durán “o que imos realizar eses días cos
monitores da Ong Ecos do Sur – Mestura é unha actividade de
sensibilización cos máis pequenos”. A edil popular sinalou que “nestes
momentos estase realizando un proxecto de cooperación en Mozambique e
este vai vinculado a unha tarefa de sensibilización en Galicia co fin de
achegar temas relacionados coa cooperación e o desenvolvemento”.
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade indicou que “as sesións
do obradoiro son sobre a aproximación doutras culturas e sobre a
desigualdade na distribución entre os diferentes países e as causas da
pobreza, tratando ademais valores medio ambientais, de reciclaxe e de
educación para o desenvolvemento”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario