lunes, 17 de marzo de 2014

O PROGRAMA DE ATENCIÓN A INMIGRANTES DO CONCELLO BURELÉS ULTIMA AS ACTIVIDADES DE IGUALDADE DAS VINDEIRAS SEMANAS

O PROGRAMA DE ATENCIÓN A INMIGRANTES da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade realizará unha serie de actividades para traballar no fomento da igualdade e da non discriminación racial. 
O vindeiro venres, 21 de marzo, é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, “por ese motivo á entrada do mercado municipal instalarase unha mesa informativa dirixida a toda a poboación, na cal se poderán recoller folletos informativos sobre a área de integración de inmigrantes e tamén información e asesoramento, así como deixar unha mensaxe ilustrativa sobre o fenómeno da inmigración e a discriminación nun Libro de Firmas”, explicou Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. 

Tamén se convocan dous concursos: I Concurso de Lemas e I Certame de Debuxo-Pintura. A edil popular sinalou que “no I Concurso de Lemas poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello de Burela e /ou escolarizadas en calquera dos centros educativos do municipio, debendo ser un lema significativo e relacionado co tema proposto e a persoa gañadora será a que distinga a celebración deste día para o próximo ano. E o I Certame de Debuxo-Pintura está dirixido ás mesmas persoas participantes e haberá dúas categorías, por grupos de idade, e unha categoría especial para membros da Asociación A Mariña e Eu Son. Ambos concursos están abertos ata o día 21 de abril e pódense consultar as bases nas dependencias do Programa de Atención a Inmigrantes na Casa do Concello ou na páxina web municipal”.

O Programa de Atención a Inmigrantes de Burela quere levar adiante un ciclo de cine infantil para traballar os valores da igualdade e da non discriminación, “intentando dun xeito máis lúdico sensibilizar aos máis pequenos da importancia e necesidade de manter boas relacións cos iguais e fomentar a tolerancia e convivencia intercultural, dotando ás nenas e nenos de coñecementos que lles permitan promover eses valores e xerar cambios nas propias vidas e no seu entorno. As datas están por concretar”, dixo Diana Durán.

A concelleira de Servizos Sociais engadiu que “tamén se realizará unha charla informativa sobre o empadroamento, neste caso, dirixida ás persoas estranxeiras residentes no noso municipio, na que se informará da normativa básica do Padrón de Habitantes (inscricións no Padrón, caducidade e renovación, autorizacións…), tema fundamental, posto que este procedemento é imprescindible para poder optar a outros recursos como sanidade, escolarización, axudas sociais…”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario