miércoles, 19 de marzo de 2014

SERVIZOS SOCIAIS DE BURELA INFORMA SOBRE AS AXUDAS DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE 3 ANOS

A Concellería de Servizos Sociais informa que ata o 26 de abril está aberto o prazo para solicitar axudas da prestación económica de pagamento único por fillas/os menores de 3 anos para o ano 2014 (Orde do 11 de marzo do 2014, DOGA nº 52 de 17 de Marzo de 2014 da Consellería de Traballo e Benestar).
 
Segundo explica Diana Durán “poderán ser beneficiarias as persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data 1 de xaneiro do 2014 (nacidos entre o 02-01-2011 e o 01-01-2014, inclusive) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2012, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. 

No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos entre o 31 de decembro do 2012 e o 31 de decembro do 2013, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare”.

A documentación a presentar para optar a estas axudas é a seguinte:

- Solicitude e anexos/ sede electrónica.
- Autorización do/a cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario (anexo II).
- Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
-Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (convivencia).
-Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
- Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
- Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire. 

Para máis información e trámite, as persoas interesadas deberán dirixirse aos Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas, de luns a venres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario