miércoles, 12 de marzo de 2014

PROFESIONAIS DE EDUCANDO EN FAMILIA, A UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ E A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS OFRECERON UNHA CHARLA EN BURELA


060314 Foto familia (2) 

O Salón de Conferencias de Burela foi escenario o pasado xoves, 6 de marzo, dunha charla informativa sobre "A Familia como Axente Educativo".

A charla foi organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e na mesma participaron profesionais do Programa Municipal Educando en Familia, da Unidade de Atención Temperá e da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD). 

As ponentes fixeron fincapé no papel que xoga a familia desde os primeiros anos de vida na educación dos nenos e nenas e engadiron que o resto das institucións actúan de xeito complementario. Desde a UAD resaltaron o papel que ten a familia fronte ao consumo de substancias ilegais por parte dos rapaces e rapazas. A Unidade de Atención Temperá resaltou o seu traballo nas necesidades especiais que teñen os nenos e nenas que sofren de sordeira, autismo, hiperactividade, etc… e os problemas que poden presentar no seu desenvolvemento. E desde o programa Educando en Familia centraron a súa intervención na importancia que ten a familia, sobre todo, nos primeiros anos de vida dos nenos e nenas. 

Diana Durán sinalou que con actividades coma esta o que se persegue desde o equipo de goberno é potenciar os recursos municipais para que todas as familias que teñan algún problema deste tipo saiban onde acudir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario