lunes, 3 de marzo de 2014

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS ORGANIZA UNHA CHARLA NA QUE SE ANALIZARÁ A FAMILIA COMO AXENTE EDUCATIVO

O salón de conferencias acollerá o vindeiro xoves, 6 de marzo, ás 11:30 horas unha charla informativa sobre A familia, como axente educativo. Está organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e na mesma participarán profesionais do programa municipal Educando en Familia, da Unidade de Atención Temperá e da Unidade Asistencial de Drogodependencias. 

Segundo explica a edil Diana Durán “trátase de servizos que traballan coordinados entre si, xa que hai casos que necesitan dos tres programas”.

Desde o programa municipal Educando en Familia falarán da importancia que ten a familia nos primeiros anos de vida d@s nen@s, onde se constrúen as primeiras aprendizaxes que se desenvolverán ao longo da vida das persoas. O persoal da Unidade de Atención Temperá centrará a súa intervención nos seus obxectivos, nos recursos humanos e materiais cos que conta e a quen vai dirixida a atención que prestan. E no caso da UAD falarán dos itinerarios terapéuticos que deben seguir aquelas persoas que consumen algún tipo de droga, as formas de acceso a esta unidade, os tratamentos e os obxectivos, entre outras cousas. 

A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “o que queremos é dar a coñecer os recursos municipais dos que dispoñen as familias por si nalgún momento se ten que dar resposta ás súas necesidades nestes ámbitos. Centrarémonos na familia e na infancia”.

Diana Durán e o alcalde, José Mª González Barcia, acudirán a esta charla informativa do vindeiro xoves. A concelleira popular anuncia que estes programas achegarémolos a outros concellos da comarca da Mariña”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario