lunes, 3 de marzo de 2014

CONCLÚEN NO IES PERDOURO OS OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Finalizaron este pasado venres os obradoiros de prevención de drogodependencias no IES O Perdouro, que estivo a impartir a traballadora social de UAD de Burela, segundo informa a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán. 
 
Ditos obradoiros iniciáronse o 17 de febreiro e fixéronse intervencións con alumnos de 1, 2º, 3º e 4º da ESO. Maite Lanza, a traballadora social da unidade explica que “os alumnos responderon de xeito participativo e mostraron moito interese pola información que se lles facilitou dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela”.

Estes obradoiros concluiron este venres, en horario de 13:10 a 14:00 horas na aula de 2º de ESO C. A partires do 10 de marzo desenvolveranse no IES Monte Castelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario