A Concellería de Servizos
Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade pon en marcha o Programa AxilMente
dirixido a persoas maiores de 65 anos, residentes en Burela e con
preferencia para os/as empadroados/as neste concello.
Diana Durán indica que “se trata dun obradoiro de promoción da
autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación
cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar
as variables que determinan o envellecemento exitoso, de forma que
incidindo nelas, as persoas maiores adquiran as ferramentas necesarias
para mellorar a súa calidade de vida, ser autónomas nas actividades da
vida diaria e incorporar unha serie de hábitos de autocoidado, tanto no
ámbito sanitario como no cognitivo”.
A edil popular engade que “este obradoiro, de ximnasia mental, busca o
tratamento da persoa maior como un todo no que se traballan as
distintas áreas que son necesarias para manterse autónomo/a o maior
tempo posible e diminuír os factores de risco de padecer certas
enfermidades, sobre todo, o alzheimer o outras enfermidades
neurodexenerativas”.
A Concelleira de Servizos Sociais considera que “a intervención con
maiores convértese non só nun obxectivo social, senón nunha inversión de
futuro. O fin último é previr a dependencia e afrontar o envellecemento
dende unha actitude positiva e aberta”.
O obradoiro, que dará comezo o 6 de outubro, desenvolverase en dúas
quendas: luns e mércores, e martes e xoves, en horario de 17 a 18:30
horas na Casa da Terceira Idade de Burela. A duración será de 8 meses.
As persoas interesadas en acudir deben inscribirse no Concello do 24 de setembro ao 2 de outubro en horario de oito da mañá a tres da tarde. Para anotarse debe presentar o seu DNI.
As persoas interesadas en acudir deben inscribirse no Concello do 24 de setembro ao 2 de outubro en horario de oito da mañá a tres da tarde. Para anotarse debe presentar o seu DNI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario