lunes, 8 de septiembre de 2014

AS NOVAS TECNOLOXÍAS, PROTAGONISTAS DE 2 CURSOS QUE SE IMPARTIRON ESTE VENRES NO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DE BURELA

Este venres, 5 de setembro, o Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela, ubicado nas inmediacións do Parque de Tíjola, acolleu dous cursos para persoas maiores de 55 anos sobre novas tecnoloxías, que foron impartidos pola Deputación de Lugo. 

Ditos cursos tiveron lugar pola tarde en horario de 16:00 a 20:30 horas. No centro estiveron o Concelleiro de Emprego, José Casas, a Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, e tamén o Deputado Provincial responsable de Innovación, Alfredo Llano. 

Casas e Durán sinalaron que “ao longo do ano houbo máis cursos organizados en colaboración entre a institución provincial e o Concello de Burela e dado o éxito dos mesmos entre as persoas participantes agardamos que se realicen mais”, e así llo transmitiron ao deputado provincial, agradecendo a colaboración entre ambas institucións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario