martes, 23 de septiembre de 2014

SERVIZOS SOCIAIS BURELA CO ALZHEIMER: FOTOS DOS ACTOS DO DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER

O Concello acolleu os actos conmemorativos do Día Mundial Alzheimer. No salón de Plenos tivo lugar unha charla sobre esta enfermidade e as persoas coidadoras a cargo de Mª Reyes Quelle Fra, terapeuta ocupacional e maestrada en dependencia e xestión de servizos sociais.

E a continuación tivo lugar a presentación da asociación AFAN (asociación de familiares de persoas enfermas de alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas de Burela) da que xa forman parte arredor dunhas 15 familias ata o momento. O colectivo ten programadas varias actividades que darán comezo nos vindeiros días. O Alcalde, José Mª González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, foron os encargados de darlles á benvida ás persoas asistentes. Durán amósase satisfeita da acollida que tiveron os actos de onte "porque o Salón de Plenos do Concello estivo cheo. Unhas 60 persoas acudiron a celebrar este día". Durante toda a mañá tamén houbo unha mesa informativa na praza do Concello na que estiveron membros de AFAN.

 























No hay comentarios:

Publicar un comentario