martes, 30 de septiembre de 2014

O CONCELLO DE BURELA OFERTA UN OBRADOIRO DE RISOTERAPIA QUE COMEZARÁ O 9 DE OUTUBRO

A Concellería de Servizos Sociais de Burela organiza un ano máis, en colaboración co Centro de Información ás Mulleres (CIM), o seu obradoiro  de risoterapia. As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Concello en horario de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres. O prazo para anotarse remata o 8 de outubro e as prazas están limitadas a 20 participantes. 

O curso impartirase entre o 9 de outubro e o 18 de decembro en horario de 20:00 a 22:00 horas na Aula de Familia, situada na Casa da Cultura de Burela.


A Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, Diana Durán, afirmou que “ademais de todas as actividades programadas para colectivos específicos, como poden ser os/as nosos/as maiores, a infancia, a muller, os colectivos que promoven a saúde, etcétera, dende a Concellería de Servizos Sociais de Burela tamén queremos achegar propostas para a poboación en xeral. Por iso ofertamos actividades que mesturan o aspecto lúdico co o terapéutico”.
Durán engadiu que “neste sentido, dende o Concello estamos a organizar este obradoiro de risoterapia, que tanto éxito tivo en anteriores edicións e que terá lugar do 9 de outubro ao 18 de decembro. Facémolo coa pretensión de poder aportar aos nosos veciños e veciñas unha actividade lúdica que rompa coa rutina diaria e que axude a descargar as tensións que acumulamos.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario