miércoles, 17 de septiembre de 2014

ASINADA A ACTA DE REPLANTEO DO SOLAR NO QUE SE CONSTRUIRÁ A NOVA ESCOLA INFANTIL DE BURELA

replanteo-solarO Alcalde, José Mª González Barcia, asinou este mércores con técnicos da Axencia Galega de Servizos Sociais a acta de replanteo do solar no que se construirá a segunda escola infantil de Burela. As obras comezarán nos próximos días e contan cunha inversión de 380.000 euros. Dende o Concello esperan que os traballos estean finalizados para a primavera de 2015, un feito que permitiría que 41 nenos e nenas de 0 a 3 anos puidesen ser matriculados/as nesta escola infantil de Burela no curso 2015/2016.
O responsable municipal recoñeceu que “se trata do acto administrativo oficial de inicio das obras, que fisicamente comezarán nos próximos días. Nós sempre dixemos que Burela precisaba unha nova escola infantil, xa que a actual ten lista de espera e hai nenos e nenas que sabemos que seus pais non os inscriben porque son conscientes de que se van a quedar fóra por falta de prazas. Por iso, xestionando coa Xunta de Galicia, conseguimos que nos introduciran nun plan para construír unha nova escola infantil aquí en Burela. Esta escola vai a contar con tres unidades e vai a permitir que 41 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos poidan ter unha praza nunha escola infantil pública”.
Diana Durán, Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, afirmou que “para este equipo de goberno é un motivo de satisfacción porque no seu día comprometémonos a facer unha nova escola infantil e como agora se ve, cumprimos coa nosa palabra. Cumprimos cos veciños e veciñas do noso concello, e cumprimos poñendo en marcha esta actuación, que consideramos que é moi importante para Burela por varios motivos. Primeiro, porque na actual escola infantil hai lista de espera e hai nenos e nenas que se quedan fóra. Segundo, porque con esta actuación imos conseguir consolidar poboación, porque evidentemente haberá 41 familias que poidan vivir en Burela contando cunha praza na escola infantil pública para deixar aos seus fillos e fillas. Terceiro, porque se crean postos de traballo xa que neste recurso social haberá profesionais que se dediquen ao coidado dos nenos e nenas e case con toda seguridade, estes profesionais acabarán vivindo tamén en Burela. E cuarto, porque conseguimos un obxectivo importante que é conciliar a vida laboral e a vida familiar. Por todo isto, estamos enormemente satisfeitos de que esta obra vai a ser por fin unha realidade”.
O Alcalde aclarou que “a obra ten un custo de 380.000 euros e leva 3 unidades para un total de 41 alumnos e alumnas. Nós somos conscientes de que o Concello vai facer un esforzo económico importante, pero tamén o somos de que Burela precisa dese esforzo para contar con este servizo. Por iso cando fixemos o anuncio dixemos o que había con total transparencia. E agora, temos motivos máis que suficientes para estar satisfeitos con esta actuación, que vai estar acabada aproximadamente nos meses de marzo ou abril do vindeiro ano. Esperamos que se non hai ningunha novidade entre en funcionamento no curso 2015/2016”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario