jueves, 25 de septiembre de 2014

A XUNTA CONCEDE UNHA ACHEGA DE PRETO DE 169.000 € Á FUNDACIÓN EU SON PARA O CENTRO OCUPACIONAL E O TRANSPORTE

 
O Alcalde de Burela e Presidente da Fundación Eu Son para persoas con discapacidade intelectual, José Mª González Barcia, asina a quinta prórroga do contrato para a reserva de prazas no centro ocupacional na modalidade de concerto. 
Segundo explica a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, “esta prórroga prodúcese nas mesmas condicións que as do ano pasado. Terá unha vixencia do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2015. O número de prazas concertadas coas que contará o centro ocupacional son 24 e para o transporte 25”.


A edil popular subliña que “a achega que a Xunta lle concede á Fundación Eu Son para o centro ocupacional é de 125.202 euros e para transporte 44.700 euros. En total estamos a falar de máis de 169.000 euros. Estas importantes cifras permitirán a continuidade do servizo e da contratación do persoal que atende cunha grande profesionalidade e calidade ás persoas con discapacidade intelectual deste centro”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario