miércoles, 27 de noviembre de 2013

BURELA CELEBRA MAÑÁ O DÍA MUNDIAL DA SIDA





 
DÍA MUNDIAL DA SIDA

MESA INFORMATIVA E 

PREMIOS DO XII CERTAME DE DEBUXO E PINTURA




O próximo xoves 28 de novembro instalarase nas inmediacións do Centro de Saúde unha mesa informativa para conmemorar que o día 1 de decembro, domingo, se celebra o Día Mundial da SIDA, unha xornada na que se recorda como previr a enfermidade e se mostra o apoio a aquelas persoas que xa a contraeron.

O mesmo xoves farase a entrega de premios do XII Certame de Carteis do Día Mundial da SIDA do Concello de Burela, que este ano recaeron en: Antía Baño Rodríguez e Saray Rozas Regal, na categoría escolar; e nas Asociacións A Mariña e na Fundación Eu Son de Burela en Categoría Especial.

Procederase así mesmo, á pegada dos carteis conmemorativos cos traballos das persoas e entidades premiadas. Os actos principias terán lugar ás 11.30h, aínda que a mesa informativa estará ao longo de toda a mañá.

O principal obxectivo desta campaña é a sensibilización da sociedade e o recordo de que a SIDA existe e está nas mans de todas e todos tomar medidas de prevención para poder freala.

Informaremos a todos aquelas persoas que estean interesadas e repartiranse folletos informativos, preservativos, lazos e calendarios de peto co lema “Previr a SIDA día a día”.



Diana Durán García,
Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario