lunes, 4 de noviembre de 2013

ABERTO EN BURELA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL" DA XUNTA DE GALICIA

As persoas interesadas en participar no programa Xuntos polo Nadal, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, poden inscribirse ata o vindeiro 25 de novembro no departamento de Servizos Sociais do Concello de Burela en horario de 8 a 15 horas, de luns a venres. 
 
A concelleira Diana Durán lembrou que “este programa quere que as persoas maiores residentes en Galicia e que polo Nadal se atopen soas, pasen esas datas acompañadas. A oferta consiste nunha estancia desde o 23 de decembro ata o 1 de xaneiro na residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán)”. 

A edil popular engade que “o programa está dirixido ás persoas maiores de 65 anos e os requisitos que deben cumprir é valerse por si mesmas, non sufrir ningunha enfermidade infectocontaxiosa ou trastornos mentais ou conductuais, ter un nivel de ingresos económicos baixos e estar soas no Nadal”.
Durán subliña que “como novidade este ano os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros) asistirán de forma gratuíta e os que superen dito importe contribuirán ao pagamento da estadía cunha achega de 50 euros”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario