viernes, 15 de noviembre de 2013

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS E SANIDADE INFORMA SOBRE AS BASES DO XII CERTAME DE DEBUXO-PINTURA CON MOTIVO DE CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SIDA



XII CERTAME DE DEBUXO-PINTURA DÍA MUNDIAL DA SIDA

O obxectivo primordial deste certame é o de concienciar á poboación en xeral e, especialmente, á xente máis nova sobre o VIH-SIDA, a PREVENCIÓN deste e a solidariedade coas persoas enfermas, co motivo do DÍA MUNDIAL DA SIDA.

BASES:

  1. Poderán participar rapaces/zas dende os 12 aos 20 anos, do Concello de Burela.
     Haberá 2 categorías: 12-15 e 16-20 anos.
     Categoría especial para membros de Asociación A Mariña e de Eu Son.

  1. Técnica de debuxo libre (con cores fortes e perfiles ben delimitados).

  1. Medida: Folio DIN A4, debuxo en posición vertical.

  1. Haberá un premio para cada categoría:
Publicación do debuxo seleccionado conmemorando o DÍA MUNDIAL DA SIDA.
Agasallo valorado en 50 euros para cada unha das categorías.

  1. Os orixinais deberán enviarse sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos datos persoais d@ autor@.

  1. Os traballos poderán presentarse ou dirixirse á Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela (Rúa Laxelas, s/n, 27880-Burela ) ou nos Centros de Educación Secundaria da localidade.

  1. O prazo de recepción de orixinais na UAD finaliza o luns 25 de novembro de 2013.

  1. A organización reservarase o dereito de face-las modificacións oportunas que poidan contribuir ó mellor desenvolvemento do Certame.

  1. A organización reservarase o dereito a quedarse cos traballos presentados e de publica-los orixinais si fora o caso.

  1. A participación neste certame supón a aceptación das presentes bases, das decisións do xurado e á renuncia a calquera reclamación.



Burela, 13 de novembro de 2013

Concellería de Servicios Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade

Diana Durán García

No hay comentarios:

Publicar un comentario