viernes, 13 de abril de 2012

ASESORAMENTO SOBRE O NOVO RÉXIME DE EMPREGADOS/AS DO FOGAR

 O xoves día 15 de marzo celebrouse a charla-coloquio titulada “Novo Réxime de Empregadas/os do Fogar” na que se asesorou ás persoas asistentes de todas as novidades neste campo, dereitos e obrigas, normas de cotización …. 

O acto foi a cargo do asesor xurídico da asociación Ecos do Sur, coa que o Concello de Burela asinou un convenio para dar apoio a mulleres inmigrantes e garantir a igualdade de trato e de oportunidades na vida social destas.

Este acto enmarcado dentro dos programados para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, foi especialmente importante pois somos coñecedores que é neste sector no que moitas das mulleres burelesas traballan e que tamén é un nicho importante de traballo para todas as mulleres inmigrantes asentadas en Burela.

Así pois con esta charla pretendeuse dar a coñecer a actual normativa do servizo no fogar para intentar evitar no posible situacións de precariedade e explotación laboral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario