lunes, 30 de abril de 2012

EXPOSICIÓN DE PINTURA DA BURELESA Mª RAMONA VEIGA ÁLVAREZ



Na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, tivo lugar o día 20 de marzo a inauguración da exposición de pintura da burelesa Mª RAMONA VEIGA ÁLVAREZ e que leva por nome “A paixón desta Muller”.

Dita exposición estivo dirixida  ao público en xeral e ás mulleres en particular, posto que a actividade estaba enmarcada dentro da programación que o Centro de Información ás Mulleres programou para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebrou o pasado 8 de marzo.


Breve reseña sobre a artista: Mª Ramona Veiga Álvarez (Maruja do Canero)
 
Naceu en Cangas (Foz) o 27/09/1934. Casou no ano 1958 e veuse a vivir a Burela. Dende esa fecha fíxose cargo da súa extensa familia e combinou a sus andadura como ama de casa e traballadora fora dela.

Comezou a traballar a temperá idade dos 12 anos e xubilouse con 62, sendo a partir precistamente deste momento, cando desenvolveu a súa  arte oculta que levaba: “a pintura”.

A día de hoxe leva máis de 15 anos pintando e a súa inxente producción artística danos a oportunidade de expoñer a súa obra. 

Esta exposición ten para nós dous obxectivos, poder desfrutar da beleza dos seus cadros e facer visible o empuxe desta muller  que en cada etapa da súa vida soubo aproveitar cada recurso e cada oportunidade.

Maruja... de todo corazón ¡enhoraboa polo teu traballo traducido ao arte! Moitísimas gracias por querer participar desinteresadamente coa Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario