miércoles, 12 de febrero de 2014

DR. KNAPP: "Cando llo explicou a fisio á concelleira, Diana Durán, quedou entusiasmada. Son os primeiros que entenderon que por aí vai o medicamento moderno"

CLAUS KNAPP RADIÓLOGO CREADOR DA ESCOLA DE COLUMNA

«Contra a dor de costas o primeiro, sentarse ben»

O especialista imparte esta semana en Burela cursos a base de exercicios para eliminar dor de costas e columna

 
Os exercicios que se ensinan na Escola de Columna que, por exemplo, funciona en cidades galegas como A Coruña e Santiago, seguindo o método do Doutor Knapp (Madrid, 1928), tamén achegan beneficios aos burelenses ao lograr a concellaría de Servizos Sociais cursos gratuítos para os veciños. El é radiólogo, formouse en Hamburgo e antonte achegouse a Burela co gallo da apertura.

-Conseguir traer unha actividade como esta a unha localidade pequena é todo un logro, ¿non?
-Si. Cando llo explicou a fisio á concelleira, Diana Durán, quedou entusiasmada. Son os primeiros que entenderon que por aí vai o medicamento moderno, non por cortar máis nin comprar máquinas máis caras. Na presentación empezamos por cousas moi simples, como aprender a sentarse ben.

-¿Como traballan nos centros?
-Todos os nosos colaboradores son fisioterapeutas, imos pola profesionalidade.

-¿Por que doe a columna?
-A maiores de anomalías, enfermidades, infeccións, tuberculoses, accidentes de coche, etcétera que nos fan dano na columna, hai algo máis, os hábitos da nosa civilización. Estamos mal sentados e moito tempo. Os cirurxiáns seguen operando e hai unha parte que non é de operar, é a columna dolorosa, non cirúrxica. En realidade non é máis que os cambios de hábito que fan que o centro de gravidade retroceda 4,5 centímetros. Nunha postura de amortiguación boa sobre o disco, a columna está cómoda, pero sostén o 70% do peso do corpo ou máis. Desde que o neno empeza a tratar de levantarse e andar, sen querer bota o peso para atrás porque o centro de gravidade vai cambiando. Iso é unha sobrecarga que aguantamos de neno, de mozo, e na vellez empeza a doer a columna a non ser que adestremos os músculos da pelvis.

-E a mocidade, ¿como está?
-Estragada, móvese pouco e ten ao redor moitas cousas que lle incitan a iso, logo sentámonos no coche, imos en ascensor, no traballo diante do computador e de noite diante do televisor. Nós devolvemos ao corpo a forza que é imprescindible. Non se pode facer nun ximnasio, hai que ensinalo. Con paciencia nosa e do paciente conseguimos adestrar e que se vaia a dor. E se nada funciona, aínda hai outro truco, que son inxeccións, terapia perirradicular, que aprendín en Alemaña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario