jueves, 27 de febrero de 2014

ALCALDE E SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE FAN BALANCE POSITIVO DO TRABALLO REALIZADO A NIVEL LOCAL EN MATERIA DE IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


GONZÁLEZ BARCIA REUNÍUSE EN SANTIAGO COA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE. AMBOS DESTACARON O TRABALLO QUE SE ESTÁ A REALIZAR DESDE O CONCELLO DE BURELA EN MATERIA DE IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. O REXEDOR CONFÍA EN QUE A LIÑA DE COLABORACIÓN ENTRE AMBAS INSTITUCIÓNS SE MANTEÑA.

O alcalde, José Mª González Barcia, mantivo durante a mañá de onte un encontro en Santiago coa Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella.

No encontro, a Secretaria Xeral da Igualdade valorou moi positivamente o traballo que se está a desenvolver no Concello de Burela en materia de igualdade e contra a violencia de xénero.

O pasado ano o Concello de Burela a través da orde para entidades locais recibiu una subvención de máis de 50.000 euros: 45.000 para o mantemento do Centro de Información á Muller de Burela e 6.200 euros para levar a cabo un programa de promoción da Igualdade.

Desde a Secretaría Xeral de Igualdade subliñaron que “o Concello de Burela é un dos 30 concellos da provincia de Lugo que está  adherido á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero de Galicia. Así, no pasado mes de decembro o Burela acolleu a representación de I´ll be Watching You, un espectáculo pedagóxico, lúdico e musical que analiza os roles de xénero a través das cancións de amor e busca sensibilizar aos adolescentes ante condutas violentas”.

O rexedor dixo que “a liña de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e  o Concello é moi intensa e moi positiva. As subvencións que recibimos son as maiores ás que un Concello desta tipoloxía pode acceder”. González Barcia amosouse convencido de que “esa liña terá continuidade tanto desde o equipo de goberno municipal como desde a Xunta, que con bo criterio aposta polos concellos nos que as cousas neste ámbito, no da violencia de xénero, se están a facer ben”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario