O Salón de Plenos acollerá o
vindeiro xoves, 20 de febreiro, ás seis da tarde unha charla sobre
"PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES". A conferencia, que
está organizada pola Concellería de Servizos Sociais, enmárcase dentro
do PLAN MAIOR DE SEGURIDADE, que organiza o Ministerio de Interior, a
través da Dirección Xeral da Garda Civil.
Segundo explica Diana Durán “profesionais da Garda Civil serán os
encargados de impartir esta charla, dirixida principalmente ás persoas
maiores, onde se tratarán, entre outros aspectos, temas como timos,
furtos, roubos, maltrato a persoas maiores, así como diferentes
situacións de perigo ás que o colectivo destas persoas son máis
vulnerables e responderán a todas aquelas dúbidas que desexen resolver”.
A charla é de carácter gratuíto e, aínda que está dirixida preferentemente ao colectivo das persoas maiores, poderán asistir todas aquelas persoas que así o desexen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario