viernes, 14 de febrero de 2014

CHEO NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE BURELA PARA ESCOITAR UNHA CHARLA SOBRE O ALZHEIMER

130214 Foto charla alzheimerO Salón de Plenos do Concello encheuse na tarde de onte para escoitar unha charla sobre o alzheimer, que organizou o departamento de Servizos Sociais. 

O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “desde o Concello en función das nosas posibilidades e responsabilidades o que tentamos é achegarlle á cidadanía os problemas que sofre a sociedade e que lle poden afectar a calquera persoa. Estamos diante dunha tipoloxía de enfermidade propia do século XXI”. 

O rexedor considera que “a nosa obriga é axudarlle á xente a ter información sobre esta enfermidade e a que as persoas de apoio non teñan baixóns anímicos, que poidan e saiban regular e combinar a súa vida coa do doente. Os coidadores teñen que saber dosificar o esforzo que realizan cos seus enfermos”.

González Barcia tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán: “Desde o equipo de goberno axudamos a poñer en marcha unha asociación de enfermos de alzheimer e estámolos a apoiar en todo o que podemos. A nosa intención é seguir colaborando con este colectivo e organizar máis actividades destinadas ás persoas enfermas de alzheimer e aos seus coidadores para que saiban levar da mellor forma posible unha situación que se sabe cando comeza, pero non cando remata. Na Concellería de Servizos Sociais levamos dous e medio traballando moito e así seguiremos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario