lunes, 3 de febrero de 2014

A CASA DO CONCELLO DE BURELA ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE O ALZHEIMER O VINDEIRO MARTES

O Concello de Burela organiza unha charla sobre a enfermidade de Alzheimer e como detectala, que terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello o vindeiro martes, 4 de febreiro, ás 17:30 horas. 
 
A concelleira Diana Durán anunciou que “a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL), en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, trae a Burela o Programa Red Paraguas Alzheimer, que achega a problemática desta enfermidade ás comarcas rurais”. 

A edil de Servizos Sociais e Sanidade explicou que “a charla correrá a cargo de profesionais das asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer e é totalmente gratuíta. O obxectivo é chegar á maior cantidade de persoas posible, especialmente aquelas que sofren os efectos dun familiar cunha demencia”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario