Na mañá deste martes tivo lugar unha concentración silenciosa ás portas
do Concello de Burela para amosar a repulsa dos veciños e das veciñas
do municipio contra a violencia machista, que onte se cobraba unha nova
víctima mortal en Barro (Pontevedra). O acto foi convocado pola
asociación Mulleres en Igualdade e polo Concello e nel participaron
representantes dese colectivo así coma o alcalde, José Mª González
Barcia, e as concelleiras Mónica Pedre, Patricia López Eijo e Diana
Durán (Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade).
No hay comentarios:
Publicar un comentario