O
"Programa Municipal de Atención a Inmigrantes", dependente da Concellería de
Servizos Sociais, Muller e Igualdade do Concello de Burela, está a organizar un
programa formativo de Inserción social no entorno de acollida, neste caso, no pobo de Burela.
A acción formativa está dirixida a
persoas inmigrantes e o seu obxectivo principal é dar a coñecer os recursos e servizos de
Burela a estranxeiros recén chegados, co fin de dar un coñecemento máis integral
e práctico para unha óptima integración social.
Esta
acción desenvolverase os días 9, 10, 11, 12 e 13 de decembro, en horario de 9:30 a 12:30 na Casa do Concello, e será a cargo da Educadora Familiar xunto á técnico responsable do Departamento de Inmigración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario