O Concello de Burela organiza un CURSO DE RISOTERAPIA que se vai desenvolver dende xaneiro ata maio do
vindeiro ano 2014. Hai 20 prazas e a inscrición ábrese o día 23 deste
mes de decembro. A actividade levarase a cabo na aula de familia da Casa
da Cultura.
Os interesados en participar deben inscribirse na Casa do Concello en
horario de 7:45 a 15:15 horas. O prazo remata o 10 de xaneiro próximo. O
curso empezará o 16 de xaneiro, xoves, e desenvolverase de 20:30 a 22
horas.
É unha actividade que está organizada polo Centro de Información ás
Mulleres, dependente da Concellaría de Servizos Sociais, Muller,
Igualdade e Sanidade, coa colaboración do colectivo Mujeres en Igualdad
Burela.
A concelleira de Muller e Igualdade, Diana Durán, explicou que “dada a boa acollida que tivo a pasada edición deste curso e o interese amosado polas participantes decidiuse organizar de novo esta actividade”. E engadiu que “o equipo de goberno está moi satisfeito da demanda que teñen este tipo de iniciativas entre as veciñas e veciños de Burela, polo que temos previsto seguir traballando na mesma liña”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario