Concello e Secretaría Xeral de
Igualdade asinan unha addenda ao convenio para a asistencia social
integral a mulleres inmigrantes a través do servizo teletradución, que
funcionará durante un ano máis, é dicir, ata o 31 de agosto de 2014.
A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, subliñou que “dado o
interese e a boa acollida que o servizo ten amosado entre as mulleres
estranxeiras, a Secretaría Xeral de Igualdade considerou de interese
tramitar unha addenda ao convenio que asinamos o ano pasado coa
finalidade de ampliar o seu prazo de duración ata o 31 de agosto de
2014”.
A edil popular considera “moi positiva para Burela esta
ampliación do servizo, xa que na actualidade existen rexistradas 44
nacionalidades diferentes no noso concello”.
Durán lembrou que “o servizo de teletradución está dispoñible de
xeito gratuíto para todas as mulleres que o precisen no CIM. Ademais non
supón custe algún para o Concello de Burela nin para as usuarias”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario