O Boletín
Oficial da Provincia publica hoxe as bases do Concello de Burela que rexerán a
convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar para o curso
2013/2014. Están destinadas a alumnos/as empadroados/as en Burela, cursen
estudos ou non no municipio en infantil, primaria e ESO.
Poderán solicitar
ditas axudas aquelas persoas que non dispoñan de ingresos suficientes para
afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas:
ingresos non superiores ao importe do subsidio básico máis o complemento
familiar da Risga que lle correspondería a cada caso en función do número de
persoas que conforman cada unidade familiar; estar empadroados en Burela e
cursando estudos neste municipio ou noutro e presentar a solicitude dentro do
prazo sinalado, xunto á documentación esixida.
O importe máximo
das axudas será de 75 euros para educación infantil e 60 euros para primaria e
ESO. O Concello destina para este fin un crédito máximo de 4.000 euros, segundo
informa a Concellería de Servizos Sociais. Diana Durán explica que “o prazo de
presentación será de 40 días naturais dende a súa publicación no BOP e no
taboleiro de edictos do Concello”.
A documentación que
deben presentar os interesados en recibir estas axudas: fotocopia do DNI do
solicitante, NIE ou pasaporte; fotocopia do libro de familia; factura do gasto
orixinado pola adquisición do material escolar; fotocopia do certificado de
discapacidade, resolución de invalidez ou do recoñecemento do grao de
dependencia, no caso de que algún membro da unidade de convivencia estea
afectado por algún tipo de discapacidade; declaración de ingresos de todos os
membros da unidade familiar en idade laboral que convivan no domicilio; de ser
o caso, copia da sentenza de separación, divorcio ou nulidade, xunto co
convenio regulador e en defecto destes, declaración xurada de percibir ou non
pensión alimenticia a favor de fillo/a a cargo; e declaración da renda do ano
2012 ou certificado negativo no caso de non estar obrigado/a a presentala.
Documentación e impreso cuberto deberán presentarse no rexistro xeral do
Concello de Burela.
As bases e os seus
anexos están a disposición das persoas interesadas nas dependencias dos servizos
sociais comunitarios. Si as solicitudes non reunisen os requisitos sinalados,
requiriráselle ós/ás interesados/as para que no prazo máximo e improrrogable de
dez días corrixa as anomalías advertidas; de non facelo teráselle por desistida
a súa solicitude.
No hay comentarios:
Publicar un comentario