A Concellería de Servizios Sociais presentará mañá martes, 3 de
setembro, ás 11 da mañá e ás 18 horas na Casa da Cultura o programa da
Aula Junior para o curso 2013/14, destinado a familias con nenas e nenos
de 0 a 3 anos.
O departamento que dirixe Diana Durán envioulles aos pais e nais nos
últimos días unha carta convidándoos a asistir a este acto e na que
lembra que “dito espazo educativo foi posto en marcha a principios do
presente ano, co fin de seguir dando cobertura ás familias de nenos e
nenas, cumprindo co compromiso deste goberno local, que prioriza en todo
momento os Servizos Sociais en todos os seus ámbitos”.
Aula Junior é un programa de carácter gratuíto, dirixido ás familias
que teñen nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos,
“querendo así acompañarvos na vosa labor de educadores/as e axudarvos a
resolver calquera dúbida que se vos presente na crianza dos/as vosos/as
fillos e fillas”.
Na carta enviada ás nais e pais a concelleira de Servizos Sociais
explica que “tanto se o voso fillo ou filla asisten á escola infantil
como se non, podedes participar, xa que é un programa de formación de
nais e pais. Ademais, este ano, como o curso anterior, caracterízase por
ser un programa semanal (mañá ou tarde) e nestas reunións a vosa
presenza é vital, desenvolvendo actividades axeitadas a cada idade, nas
que o obxectivo é difundir unha cultura da infancia e reforzar a
competencia educativa familiar, promovendo espazos educativos nos que se
acompaña á familia na aventura de medrar e no desafío de educar. Aula
Junior terá continuidade durante todo o curso 2013/2014, agás na época
estival, é dicir, levarase a cabo dende setembro a maio”.
A presentación da Aula Junior terá lugar o vindeiro martes, 3 de
setembro. Durán subliña que “xa alí, na Casa da Cultura, as persoas interesadas
poderán facer entrega ese mesmo día da folla de inscrición que aparece
no reverso da carta que lles remitimos estes días. En caso de non poder
asistir a ningunha das reunións e de estar interesado/a en participar no
programa, poden deixar a folla de inscrición nas Oficinas de
Información do Concello”.
A edil popular lembrou a grande participación que rexistrou o ano pasado a Aula Junior á que acudiron 70 familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario