lunes, 25 de febrero de 2013

O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL PERMANECERÁ ABERTO ATA O 20 DE MARZO



A Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela, Diana Durán, informa que o prazo para a presentación de solicitudes da Escola Infantil A Galiña Azul, tanto de renovación como de novo ingreso para o curso 2013/2014, permanecerá aberto ata o 20 de marzo, incluído. O resto de datas a ter en conta son:

. Lista provisional: publicarase o 2 de maio.

. Reclamacións: do 3 ao 12 de maio.

. Lista definitiva: publicarase o 27 de maio.

. A matrícula formalizarase do 28 de maio ao 12 de xuño.

O novo curso dará comezo o 5 de setembro e o horario será de 7:30 a 18h.

Quen así o desexe poderá consultar a resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar onde se anuncia o prazo de reserva de praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula para o curso 2013-2014 no taboleiro de anuncios do Concello de Burela ou na propia Escola Infantil, así como os Anexos para cubrir os datos e onde aparece a documentación necesaria a entregar e o novo baremo, entre outros.

Recórdase que para facer entrega da documentación deberá pedir cita previa no teléfono da Escola Infantil: 982-581228.

No hay comentarios:

Publicar un comentario