miércoles, 13 de febrero de 2013

AULA JUNIOR, EN PLENO FUNCIONAMENTO

O “Programa Preescolar na Casa - Educar en Familia” deixou de ofertarse no noso pobo, entre outras localidades. É por isto, que o Concello de Burela a través da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade aposta pola continuidade deste programa, creando o espazo educativo AULA JUNIOR, co fin de seguir dando cobertura ás familias de nenos e nenas de menos de tres anos, cumprindo co compromiso deste Goberno Local que prioriza en todo momento os Servizos Sociais en todos os seus ámbitos.

AULA JUNIOR é un programa de carácter gratuíto, dirixido ás familias que teñen nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, querendo así acompañar ás nais e pais na labor de educadores/as e axudarlles a resolver calquera dúbida que se lles presente na crianza dos seus fillos e fillas.

Tanto se o fillo ou filla asisten á escola infantil como se non, pódese participar xa que é un programa de Formación de Nais e Pais. Ademais, este ano ten varias particularidades; pasará de ser un programa quincenal a prestarse todas as semanas (mañá ou tarde) e nestas reunións a presencia das nais e pais é vital, desenvolvendo actividades axeitadas a cada idade nas que o obxectivo é difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa familiar promovendo espazos educativos nos que se acompaña á familia na aventura de medrar e no desafía de educar. Así mesmo, AULA JUNIOR terá continuidade durante todo o ano 2013, agás na época estival, é dicir, levarase a cabo de febreiro a maio e de setembro a decembro.

O programa desenvólvese na "Aula de Familia" sita na planta baixa da Casa da Cultura.
AULA JUNIOR está a ter tal acollida por parte das familias, que na súa primeira quincena xa se ve incrementado nun cuarto grupo, podendo as familias adaptar os horarios de mañá ou tarde, segundo as súas necesidades. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario