miércoles, 13 de febrero de 2013

DECLARADA BURELA COMO LOCALIDADE SOLIDARIA CO ALZHEIMER



No último pleno que celebrado o pasado 31 de xaneiro en Burela someteuse a aprobación a declaración do Concello de Burela como localidade solidaria co alzheimer. A edil Diana Durán sinala que “se trata dunha aposta en firme a prol dos Servizos Sociais, que ven avalado polos programas que estamos a realizar e que temos en activo neste momento”. Ditos programas son: a Ximnasia Preventiva Para Maiores, a Fisioterapia a Domicilio (destinada a persoas dependentes), Dálle Vida Aos Teus Anos (no que se potencia estimulación cognitiva e prevención da dependencia e do alzheimer), Apoio á Dependencia tanto no centro de día coma na axuda no fogar e a denominada Aula Sénior, que se puxo en marcha, “para a prevención do alzheimer e que dará respostas segundo as necesidades dos usuarios a través de varios bloques temáticos: estimulación psicofísica, saúde e calidade de vida, habilidades sociais e autocoidado”, segundo explica a concelleira de Servizos Sociais. En total son 220 as persoas que se benefician destes programas, que supoñen un investimento de 60.000 euros. 


Diana Durán lembrou que “en setembro de 2012 se realizou unha xuntanza coas familias de enfermos de alzheimer e doutras patoloxías neurodexenerativas, que propiciu a creación da asociación AFAN Burela-A Mariña, onde se realizaron tarefas de orientación e de tramitación de toda a documentación coa finalidade de conseguir liñas de financiamento e subvencións para levar a cabo programas específicos cos que apoiar a estas familias e ás persoas que sofren estas patoloxías"

No hay comentarios:

Publicar un comentario