miércoles, 13 de febrero de 2013

BURELA É O SEGUNDO CONCELLO EN CREAR UNHA MESA DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O OBXECTIVO DO GRUPO É COORDINAR A RESPOSTA ANTE CASOS DESTE TIPO E TRABALLAR A PREVENCIÓN

A pasada semana o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, estivo en Burela para presidir a Xunta de Seguridade Local, na que quedou consituída a mesa de coordinación contra a violencia de xénero do Concello, pasando así Burela a ser o segundo concello da comarca en contar con este servizo.

O grupo estará formado pola Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación (Ana Belén Pacio Rodrígoez) e pola Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade (Diana Durán García), así como representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, de xustiza, servizos sociais, sanidade e polos orientadores dos distintos centros educativos do Concello.

O obxectivo principal deste grupo de traballo é favorecer a coordinación das respostas ante posibles casos de violencia de xénero e fomentar as accións de prevención. Así é que os representantes desta mesa colarborarán no análise e na incidencia da violencia de xénero en Burela, na fixación de pautas a seguir cando se detecta un caso e no desenvolvemento de accións de prevención e sensibilización, entre outros aspectos.
 
Ademáis, nesta Xunta de Seguridade Local tamén se formalizou a adhesión da Policía Local ao "Protocolo de Coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Corpos da Policía Local para a protección das víctimas de violencia de doméstica e de xénero".

No hay comentarios:

Publicar un comentario