jueves, 28 de febrero de 2013

ALCALDE E CONCELLEIRA PRESENTAN O PROGRAMA DOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES XUNTO ÁS ASOCIACIÓNS



Na mañá de hoxe tivo lugar a presentación do programa de actos do "DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES" por parte do Alcalde, José González Barcia, e a Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, xunto ás presidentas das asociacións "Amas de Casa Praia da Marosa", "As Encaixeiras" e "Mulleres en Igualdad de Burela". 
Os actos conmemorativos desenvolveranse o sábado 9 de marzo e terán lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Comezarase cunha charla, que leva por título "MULLERES TRABALLADORAS SEN FRONTEIRAS", onde nos contarán as súas experiencias catro mulleres de Burela, dúas emigrantes retornadas (Milucha Vispo Moreno e Granada Reigosa Fernández) e dúas mulleres inmigrantes (Antonina Semedo Lopes e Niria Luísa Sánchez Usuy), por todos e todas mui coñecidas.
Cos seus relatos, queremos ter un acercamento ás costumes doutros países e enriquecernos coa multiculturarilidade, sen olvidarnos que antes de que Burela fose un pobo receptor de sente inmigrante, foi unha vila mariñeira onde a súa sente emigraba en busca de novas oportunidades.
 Tamén contamos coa colaboración desinterada de Antonia Fernández Rivas, quen está a elaborar unha representación videográfica, cuias protagonistas son, precisamente, as nosas catro relatoras de "MULLERES TRABALLADORAS SEN FRONTEIRAS".
A continuación, terá lugar a HOMENAXE A DONA Mª CARMEN IRAVEDRA, unha muller moi querida no noso pobo e que fai moi poucos días que nos deixou. Dona Carmen é todo un exemplo de modelo de muller a seguir, por tres aspectos fundamentais: accedeu ao mundo estudiantil cando somentes case estudiaban só os homes; exerceu a súa carreira profesional de mestra cando case era prohibido para as mulleres e, sobre todo, pola súa calidade humana.
Por todo isto, queremos dende o Concello de Burela renderlle unha pequena homenaxe a ela e, como non, a todas aquelas mulleres que xa non están entre nós e que foron un piar básico no desenvolvemento, tanto social como económico, do noso pobo.
 Como broche final aos actos organizados pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade a través do Centro de Información á Muller (CIM), o Sr. Alcalde procederá á lectura do Manifesto Institucional, dando paso ao xantar conmemorativo deste día, organizado por tres asociacións de mulleres sen ánimo de lucro, pertencentes ao tecido asociativo do noso Concello, ás que lles queremos agradecer a súa vontade por aunar esforzos cara a procura da igualdade entre mulleres e homes. Elas son as "Amas de Casa Praia da Marosa", "As Encaixeiras" e "Mulleres en Igualdad de Burela".
Camiñando todos e todas cara o meso obxectivo, poderemos chegar mais lonxe e conseguir mellores resultados.
Recordar que calquera muller que desexe participar no xantar deberá dirixirse a calquera das mencionadas asociacións e retirar alí o seu ticket, xa que está aberto a todas as mulleres de Burela e non é requisito ser socia.   


No hay comentarios:

Publicar un comentario