viernes, 2 de marzo de 2012

O BANCO DO TEMPO IMPARTE UN CURSO DE ELABORACIÓN DE MERMELADAS

O mércores 29 de marzo deu comezo o curso de elaboración de mermeladas e conservas caseiras, que organiza o Banco de Tempo do Concello de Burela en colaboración coa Asociación de Amas de Casa. Segundo explica a responsable do Banco de Tempo, Pilar Prieto, "estamos a participar unhas 25 mulleres. A primeira xornada, que foi o mércores, resultou moi amena. As asistentes estivemos aprendendo a facer mermeladas de fresa, de tomate e de laranxa. No día de onte, segunda xornada, adicámonos ao envasado e programamos as actividades que desenvolveremos a vindeira semana". 

O curso, que se está a impartir nos locais da Asociación de Amas de Casa, terá lugar todos os mércores e os xoves do mes de marzo en horario de 17:30 a 19:30 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario